Punto Lila

Este 8M seguimos tecendo redes

Por elo lanzamos a campaña dos Puntos Lilas en formato adhesivo. Queremos que ningún espazo sexa inseguro e que ningunha muller se sinta soa.

📍 Onde atopalos? Verás estas pegatinas nos aseos de mulleres en bares, centros de estética e edificios públicos de Moraña.

📲 Como funciona? Ao escanear o código QR, terás acceso inmediato a unha guía de como actuar se te sentes agredida ou se coñeces algún caso de violencia machista. Información clara, directa e segura ao teu alcance.

☎️ Lembra: o teléfono 016 é gratuíto, confidencial e non deixa rastro na factura.

🫂 Xuntas somos máis fortes. Non estás soa! ✊🏻✊🏽✊🏿

Foto de cerca de flores blancas sobre fondo gris
#8M2026 #PuntoLila #NonEstásSoa #Feminismo